Servizo público de emprego de Galicia Xunta de Galicia

A FSP-UGT de Galicia está a desenvolver un Programa Integrado de Emprego, OS NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO, OBXECTIVO PARA A INSERCIÓN DE PERSOAS DESEMPREGADAS 2015-2016, cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, procurando mellorar a empregabilidade das personas traballadoras desocupadas de Galicia ao tempo que se compromete á inserción no mercado laboral do 40% das persoas integrantes do programa.

O noso proxecto baséase na realización dunha serie de actuacións de carácter personalizado e sistemático, que integran o proceso completo de acompañamento da persoa demandante de emprego para a súa inserción laboral, é dicir, o noso obxectivo é conformar itinerarios ocupacionais personalizados co fin de acadar unha mellora da ocupabilidade das persoas desempregadas da nosa comunidade autónoma.

Este Programa Integrado de Emprego é unha continuidade dos realizados dende os anos 2009 ó 2015, tendo en conta que, coa realización dos mesmos, constatamos a necesidade de persoal cualificado nas ocupacións máis demandadas polo sectores considerados como novos xacementos de emprego, e que son:

  • Servizos Sociais.
  • Servizos á Comunidade.

Co desenvolvemento deste proxecto esperamos contribuir a mellora da realidade da situación profesional e económica da nosa comunidade autónoma.

Pode acceder tamén ao portal versión para o móbil ou descargar a nosa aplicación para android.

codigo_qr